Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 19 de abril de 2024

Tendal de recomendacións literarias

 



O noso alumnado fixo as súas recomendacións do seus libros favoritos, que están colgadas nun tendal que conduce á biblioteca. Achegádevos a lelas!
Tamén podedes velas neste vídeo:



martes, 16 de abril de 2024

Actividades para celebrar o 23 de abril, Día do Libro

 


Mostra de libros antigos

 Tamén con motivo do Día do Libro, na entrada do edificio principal hai unha exposición de libros antigos. Algún ten mais de cen anos e falan do que foi o noso país. Son moi distintos aos libros novos e merece a pena pararse a botar unha ollada.






lunes, 15 de abril de 2024

Obradoiro de libros en miniatura

 Dentro das actividades para celebrar o Día do Libro, xa está en marcha o primerio obradoiro de libros en miniatura, que se está a desenrolar ata o día 19 de abril durante os recreos na biblioteca grazas á colaboración de Ana Isabel L. Valín, profesora de FOL e coordinadora do Equipo da Lingua Galega.



Así que non o dubides e ven facer o teu libriño. Agardámoste na biblioteca!







viernes, 5 de abril de 2024

Entrega dos premios "Bolboretas pola igualdade"


 O venres 5 de abril foron entregados os premios e accesits respectivos ás gañadoras do concurso "Bolboretas pola igualdade"

As gañadoras foron Meryem Dallahi de 1º de Bach e Hindrana Martínez de CSAF, que recibiron os seus vales de 30 euros para gastar no comercio local. Ademáis, entregáronse sete accesits a varias alumnas de FPB, ESA e CAF que destacaron pola calidade dos seus traballos en forma de bolboreta. Parabéns a todas!

"Contos de vellxs punkies para encarreirar á mocedá" a cargo de María da Pontragha



 As actividades para celebrar abril, mes do libro, arrancaron xa coa presenza da contadora María da Pontragha, quen nos encandilou coas súas historias e as súas cancións. A sesión resultou do mais amena e entretida para os asistentes e foi organizada pola biblioteca e o EDLG.

viernes, 22 de marzo de 2024

Día da poesía 2024 "Eduardo Rey Moure"


 O 21 de marzo de 2024 foi especialmente fermoso e emotivo. Mais de 300 alumnos dos 13 centros da comarca de Sarria acudiron á Praza da Vila de Sarria para recitar, cantar e ata bailar poemas en torno á amizade. Foi ademais un xeito de lembrar e homenaxear ao noso compañeiro Eduardo Rey Moure, quen nos deixou inesperadamente o pasado 6 de xuño e que foi o impulsor desta iniciativa.
O acto estivo dirixido por Xurxo Souto, amigo e excompañeiro do IES Gregorio Férnandez. O noso centro foi o organizador deste acto e contamos coa colaboración do Concello de Sarria.

Tedes unha boa galería de imaxes na web de El Progreso e de vídeos no Instagram da biblioteca Fiz Vergara Vilariño.

jueves, 14 de marzo de 2024

Recebemento ao grupo plurinacional "Camino Europa"

 


    Durante a mañá do 14 de marzo tivemos a honra de recibir no IES Gregorio Fernández a un grupo de 50 peregrinos formados por alumnos e docentes de varios centros europeos. Todos están dentro do programa "Camino Europa" e antes de comenzar a súa primeira etapa do Camiño  ata Portomarín quixeron coñecer o noso centro e interactuar co noso alumnado e profesorado para expor a súa experiencia e informar sobre as eleccións europeas que se celebrarán en xuño, xa que este é o tema do seu proxecto.
    Este grupo forma parte dun proxecto do IES Andrés de Vandelvira de Albacete en colaboración co concello de Albacete e o Parlamento Europeo. Todos os alumnos teñen entre 16 e 18 anos e pertencen a cinco nacionalides distintas. Os paises integrantes do grupo son: España, Portugal, Alemania, Bulgaria e Rumanía.
    A lingua vehicular foi o inglés, co cal o noso alumnado tivo ocasión de comunicarse en inglés de xeito real con rapaces doutros países e culturas.
    Resultou unha actividade moi dinámica e enriquecedora na que tanto a vicedirección como as tres profesoras do departamento de inglés se implicaron directamente para levala adiante. Participaron de xeito moi activo o alumnado de 4º de ESO, 1º de Bach e 1º dos Ciclos de Administración.
    Gustaríanos seguir comunicandónos máis e aprendendo máis das súas realidades, pero ahí están as redes para seguir.
    Eles tamén levan algo noso, non só o recordo e bos momentos, senón tamén o selo do noso instituto na súa compostelana. Dende hoxe, o nome do noso centro vai viaxar aínda mais lonxe. Graciñas por compartir e Bo Camiño.












jueves, 7 de marzo de 2024

Benedicta Sánchez: "Ler sacoume de moitos barrancos"

 






    Dentro dos actos para celebrar o 8M, na mañá do xoves 7 de marzo tivemos a honra de recibir a tres mulleres con idades, traxectorias e experiencias moi distintas pero con moito que contar e aportar.
     Durante a xornada "Mulleres da nosa contorna" contamos  coa presenza de: Chelo López, emprendedora de Gandería Quintián de Friolfe (O Páramo);  Laura Vallverdú, emprendedora de Rural o Urbano (Paradela) e  Benedicta Sánchez, fotógrafa e actriz, Medalla Castelao e Premio Goya como Actriz Revelación no 2020 (O Corgo).
    Foi realmente emocionante escoitar a afouteza destas tres mulleres nas súas vidas como emprendedoras. Ademais, dúas delas destacaron a importancia dos libros e da lectura. Chelo falou con emoción de cando nos seus tempos de estudante fíxose socia da biblioteca pública de Lugo, onde descubriu os libros de Isaac Asimov e a ciencia ficción. Benedicta, pola súa banda, cos seus 89 anos, lembrou que foi á escuela por primeira vez con 7 anos, e que a ela aquelo de ler parecíalle maravilloso, pero pensaba que todo o que dicían os libros era certo e verdade, como "la verdadera historia de Don Quijote de La Mancha", tal e como reza o libro.
    Foi tamén moi fermoso escoitar a Benedicta falar da súa experiencia como dona dunha librería durante uns aniños e como na súa axitada e viaxada vida "ler sacoume de moitos barrancos" ao tempo que animou aos rapaces a que lean.
    Dende a biblioteca, querémosvos agradecer a vosa presenza e esta lembranza da importancia da lectura por encima da dixitalización que nos invade ultimamente.
    Antes da charla, as tres invitadas acudiron á aula de Radio Bolboreta, onde grabaron un programa que xa estamos desexando escoitar.
      As actividades realizadas no noso instituto polo Día da Muller foron organizadas polos departamentos de Formación e Orientación Laboral, Historia, Inglés o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a biblioteca. Xuntas sumamos e facemos equipo.


martes, 5 de marzo de 2024

8M: Día da muller

 Esta semana contamos cun bo feixe de actividades con motivo do 8M. Decenas de bolboretas elaboradas polo noso alumnado dan a benvida na recepción do noso instituto ao tempo que no recreo proxéctanse videos e cancións relacionadas co Día da Muller. Achégate!