jueves, 21 de diciembre de 2017
Posta en común do club de lectura xuvenil
O club de lectura de Manga reuniuse para falar do cómic manga "Deathnote I", a primeira entrega dunha saga que está a ter moito éxito na nosa biblioteca. Aínda que faltaron moitos integrantes por problemas de axenda, a reunión brillou polo entusiasmo e a pasión que os lectores mostraron. Falamos de moitas cousas, do manga, da dualidade do personaxe principal, dos rasgos occidentales dos debuxos xaponeses e dun sinfín de temas relacionados con esta obra.
Botamos de menos ao profesor de Historia Lois G. Faílde, quen foi o propulsor deste grupiño de lectura que con gran entusiasmo se mantén.
Dende este 2017 a piques de rematar queremos desexarvos o mellor e dar as grazas a todos os que facedes que a nosa biblioteca continúe tanto ou máis viva que sempre. Apertas e libros!
E se andades a buscar recomendacións de libros para estas festas, non vos perdades as recomendacións das bibliotecas escolares galegas.
martes, 19 de diciembre de 2017
Mochilas para o Nadal
Hai quen xa marcha de vacacións de Nadal, e esas son as dúas mochilas viaxeiras que andan polas casiñas dos alumnos de 1º de ESO. Menuda sorte acaban de ter Zaira Arias Vázquez e Joel Rodríguez Rodríguez, que estas vacacións poderán gozar deste agasallo tan apetitoso.
Por certo, os dous están diante das nosas novidades e recomendacións para as vacacións.
Bo nadal e moitas lecturas!
martes, 12 de diciembre de 2017
Nadal de lecturas
Xa temos o Nadal moi preto, así que dende a biblioteca este ano creamos a árbore de Nadal que vedes nas imaxes feita cun bo feixe de libros da biblioteca.
Aproveitamos a ocasión para poñer o buzón de Nadal, así que deposita as túas peticións de libros, películas, revistas ou outros materiais que formarán parte dos fondos da biblioteca antes do 20 de decembro, e no 2018 achégate para comprobar se os teus desexos foron atendidos.
O noso expositor está cheo de boas novidades: clásicos da literatura universal en manga e outras cousiñas ben interesantes. Achégate e regala cultura, unha aventura segura!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)