Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 30 de noviembre de 2017

Tertulia sobre "Anagnórise" de Mª Victoria Moreno



O xoves 30 de novembro o club de lectura de adultos reuniuse para falar da novela "Anagnórise" de Mª Victoria Moreno, escritora á que se adica o Día das Letras Galegas do 2018.
As opinións dos membros do club foron diversas e contrapostas. A algúns fíxóselles lento e difícil pola lingua empregada, mentres que outros gozaron máis da súa lectura desta novela de viaxe e de moitos cambios nas vidas dos protagonistas. "Anagnórise" agárdavos na biblioteca e seguro que lle podedes sacar moito xugo.
Aproveitamos a sesión para botar un ollo a outras obras desta profesora de orixe extremeño que aos vintedous anos chegou a Galicia e tanto se imbui na nosa terra que o galego convertiuse na súa lingua.
O club de lectura de adultos segue a súa andaina para adentrarse na poesía actual en galego co último premio "Fiz Vergara Vilariño" do Concello de Sarria: "Tundra" de Carlos Negro, quen nos adicou o exemplar que aquí vedes "dende a beira do frío coas palabras acubilladas na pureza".

No hay comentarios: