Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 30 de noviembre de 2017

Mochilas para a ponte

As nosas mochilas marchan de ponte incluso antes ca nós, así que menuda sorte. E menudos afortunados que foron os que as levan para a súas casiñas, que así de contentos posaron con elas nunha das zonas da biblioteca que mais gosta: a dos tebeos.
Os alumnos de 1º de ESO Jenifer Rodríguez Seijas e Gustavo Santos de Oliveira son os mochileiros desta semana, así que agardamos os seus comentarios á volta. Noraboa e boa ponte ao calor das lecturas e películas que van dentro.  

Tertulia sobre "Anagnórise" de Mª Victoria Moreno



O xoves 30 de novembro o club de lectura de adultos reuniuse para falar da novela "Anagnórise" de Mª Victoria Moreno, escritora á que se adica o Día das Letras Galegas do 2018.
As opinións dos membros do club foron diversas e contrapostas. A algúns fíxóselles lento e difícil pola lingua empregada, mentres que outros gozaron máis da súa lectura desta novela de viaxe e de moitos cambios nas vidas dos protagonistas. "Anagnórise" agárdavos na biblioteca e seguro que lle podedes sacar moito xugo.
Aproveitamos a sesión para botar un ollo a outras obras desta profesora de orixe extremeño que aos vintedous anos chegou a Galicia e tanto se imbui na nosa terra que o galego convertiuse na súa lingua.
O club de lectura de adultos segue a súa andaina para adentrarse na poesía actual en galego co último premio "Fiz Vergara Vilariño" do Concello de Sarria: "Tundra" de Carlos Negro, quen nos adicou o exemplar que aquí vedes "dende a beira do frío coas palabras acubilladas na pureza".

viernes, 17 de noviembre de 2017

CONCURSO AGORA CAIO! - CATEGORÍA B - 2º RETO - SOLUCIÓN


NORABOA A "OS UNICORNIOS EXISTEN"!!!!


Atoparon a solución con so unha pista...


O libro que buscábamos era o MANUSCRITO VOYNIC

Cos seus desconcertantes debuxos de mulleres espidas inmersas nunha mestura ou rodeadas de tubos e chemineas, as súas ilustracións astrolóxicas ou de plantas non identificadas e o enigmático idioma no que foi escrito no século XV, o Manuscrito Voynich está considerado como o "máis misteriosos" do mundo.
Historiadores, criptógrafos, lingüistas, filósofos e investigadores de todo tipo de disciplinas ... incluso a CIA intentou descifrar o seu contido. Sen ningún éxito, ata agora.

Datas tráxicas





Impactados e cheos de pena quedan os distintos membros da comunidade educativa ao descubrir a  exposición que o equipo de biblioteca montamos no corredor e que leva por título "Datas tráxicas". A mostra está formada por cincuenta e unha esquelas encabezadas por unha data do ano 2017, un lugar de España e un breve resume sobre o as circunstancias do asasinato de cada unha destas mulleres que xa non están entre nós e e que foron víctimas da violencia de xénero. 
Este inmenso traballo foi elaborado pola profesora Inés de Nieves Lamas, da biblioteca "A Esperela" do IES Mosteirón de Sada, a quen agradecemos esta inmensa labor e o feito de compartila. Sirva de homenaxe a todas esas mulleres que deberían seguir vivas e polas que hai que lembrar que o 25 de novembro é o Día contra a violencia de xénero.
Acompaña a mostra unha selección de lecturas e películas sobre o tema, pero tamén libros sobre mulleres que len, traballan e investigan. Ahí estamos e, sobre todo, querémonos vivas.

jueves, 9 de noviembre de 2017

O espectáculo didáctico "Ahora mismitos" ensinounos moito do mundo clásico




Hoxe tivemos un gran honor: asistir ao espectáculo do actor sevillán Antonio Blanco, quen nunha xenial sesión teatral, por fin nos deixou claros quenes foron Pygmalión, Zeus, Afrodita, Paris, Atenea, Venus, as ninfas e algúns persoaxes máis que aínda que son míticos e moi antigos, son moito máis actuais do que algúns pensan.
E todo isto sen parar de rir durante hora e media. Así que benvidos sexan o inxenio que xunto coa orixinalidade e a cultura fixéronnos ver que se pode pasar moi ben sen novas tecnoloxías, simplemente volvendo aos clásicos. E como guinda final, o eloxio ao libro, ese aparello que se abre e se pecha e que segue a darnos tanto.
Dende a biblioteca, queremos agradecer á profesora de latín Chelo Inés Bouza a iniciativa de traer ao noso instituto este espectáculo ao tempo que abrimos os nosos brazos a toda a comunidade educativa e ás iniciativas culturais de calidade. Benvidas sexan!

Sabendo que os "Mismitos" despertaron en vos a curiosidade pola mitoloxía clásica, dende a biblioteca preparamos unha selección con algúns dos libros grazas aos que podedes saber aínda máis sobre a vida, porque non hai historia bélica máis apaixoante que o asedio de Troia; vida máis tremenda, patética e truculenta ca de Edipo; aventuras con máis peripecias e maravillas que as de Faetón, Hércules ou Ulises; lances de amor e de muerte máis apaixoados que o de Narciso; ou relato máis tenro que o de Pigmalión.



miércoles, 8 de noviembre de 2017

CONCURSO AGORA CAIO! - CATEGORÍA A (1º e 2º ESO) - RETO 1



NORABOA A "OS CRACKS" ATOPARON RAPIDAMENTE A SOLUCIÓN!

O resultado é 12

4 PUNTOS PARA ELES!!!


CONCURSO AGORA CAIO! - CATEGORÍA B (3º e 4º ESO) - RETO 1










NORABOA A "OS UNICORNIOS EXISTEN" !!!

A RESPOSTA CORRECTA ERA "SES" . 4 puntos para eles!



SES (María Xosé Silvar) é a artista revelación da escena galega.
















ARRANCA O CONCURSO AGORA CAIO!

CATEGORÍA A 

EQUIPO
PARTICIPANTES
GRUPO
OS CRACKS
Christian Valcárcel
Gustavo Santos
1º ESO
A
Luis Gayoso
Urko López
Albito Digón
1º ESO
AS CHICAS DE FERRO
Alejandra López
Yessica Pérez
1º ESO
OS PATACOS
Estevo Aldea
Jorge López
2º ESO
CHICAS AO PODER
Judith Rodríguez
Damiela Peña
Valeria Vilar
2º ESO
AS SUPERDOTADAS
Carla Rodríguez
Mirela Digón
Laura Caldas
2º ESO

CATEGORÍA B

EQUIPO
PARTICIPANTES
GRUPO
THE SHIELD
Eros López
Miquel Montero
Antonio Rubio
3º ESO
OS CHACHOS
Luis López
Xurxo López
3º ESO
PJM97
Aitziber Parra
Uxía Rodríguez
Iria López
3º ESO
OS UNICORNIOS EXISTEN
Carla Antelo
Raúl Pereira
Carolina Aldea
4º ESO


martes, 7 de noviembre de 2017

O club de lectura Manga arrancou coa chegada dos Deathnote


Temos un grupiño de rapaces moi motivados no Club de Lectura de Manga. Tanto é así que levaban días agardando a presentación en sociedade da colección de Manga Deathnote na nosa biblioteca. Por isto resultou moi gratificante ver como se agrandaban os seus ollos ao ver a colección completa na nosa biblioteca, e comprobar a paixón coa que abrían os libros que cheiraban a novo.
O club está dirixido por alumnos que se encargaron de introducir aos seus compañeiros nesta apaixoante historia, e que ansiaban por contar como segue, pero houbo que cortar aos spoilers, porque disto falaremos na próxima reunión.