Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 29 de junio de 2017

PECHANDO O GARITO ATA O ANO QUE VEN!

Quedamos con resaca das xornadas dos clubs de lectura e con algo de fame parece que tamén... Así o club de lectura xuvenil argallou de maneira espontánea a derradeira reunión deste curso. Querían organizar xa como vai a rular o clube no próximo curso e de paso mandarlle unha ración de "huesitos" para non perder as boas costumes.


Falamos do ano que tivemos e fixemos balance. Falamos de ler máis e mellor. Falamos incluso de instituir unha presidencia rotativa onde os/as alumnos/as xestionen e organicen por eles mesmos o propio club. Hai moitas gañas e eso nótase! Agardamos con impaciencia que entre xa o curso próximo para comezar a argallar!! Bo verán a todos/as e bonne lecture!!




viernes, 23 de junio de 2017

HAI VAI QUE CACHO FESTA DA LECTURA!: X XORNADAS DOS CLUBES DE LECTURA

Amazing, apabullante, espectacular, divertidísimo, interesantísma... que máis decir das X Xornadas dos Clubes de Lectura nas que participamos o pasado sábado? Foi unha actividade moi especial e, sobre todo, moi aproveitada que nos fixo ver que o noso clube non está so, que hai máis tolos e tolas que teñen unha paixón singular: ler, os libros, a lectura...

O noso clube foi unha das delegacións con máis presencia xa que a maioría dos centros levaban entre 4 e 8 membros e o noso clube levou a 10 mozos e mozas. A Xornada foi moi intensa dende primeirísima hora da mañá. Os actos abríronse cunha actuación circense da man de Pista4 que amenizou todo o día as pausas entre as actividades formativas. Logo tivemos dúas palestras co premiado deste ano, Miguel Anxo Prado e unha conferencia magnífica de Oscar López que explicou con participantes de clubes de outros centros como facer un programa sobre libros.





Despois dunha pausa para o bocata, veu o tempo para as actividades formativas. Cada alumno/a foi a actividade que antes escollera. O resultado foi bastante satisfactorio. Aprendimos a facer comics, falar na radio, contar historias de medo, entender e ensaiar a linguaxe poética... Todos/as quedamos cheos de ledicia e cousas novas.

Momentazo o do xantar... Food-tracks cheos de colas infinitas, mocidade famenta non só de lectura; tamén de pulpo, ensaladas, comida oriental e como non: churrasco!! Eros e Iago Antonio acadaron postos significados a nivel autonómico en papatoria de churrasco e pulpo... sonche ben tradicionais comer tanto coa calor que facía!!

Na tarde tivemos outras actividades moi interesantes tamén. Primeiro tivemos unha quedada interclubes con centros de Pontevedra, Mos, Catoira... Foi unha experiencia moi chula: falamos de libros, rimos un chisco, ligamos...! Houbo intercambio de contactos e experiencias. Despois veu a quenda da conferencia heterodoxa e hilarante de César Mallorquí facendo unha defensa da "mala literatura" da literatura de serie B que serve para iniciarse e lanzarse a novos autores e autoras máis cualificados ou de maior entidade. E por último, festa rachada! Concertazo de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. Bailamos, cantamos, foi un concerto cheo de emoción. Momentazo total cando todo o público creou un mar de móbiles coas súas lanternas. Foi total!!



Foi unha boa experiencia. Xa pensamos no clube do ano que ven. Non queremos esquecer agradecer a compañía de Iván, o noso vicedirector, que se prestou a acompañarnos a amosou boas dotes comendo churrasco e bailando muiñeiras...




Ata o ano próximo!!!

miércoles, 21 de junio de 2017

Lecturas refescantes para este verán

Queda xa pouco deste curso que se nos vai, así que tan só queremos desexarvos o mellor e lembrarvos a oferta especial verán: 3 + 3. Podedes levar ata seis artigos (libros, películas ou música) ata setembro.
E como non hai bo verán sen libro na man, non perdades as recomendacións do expositor tanto para xuvenil como para adultos. Os nosos libros tamén xiran arredor do sol.

lunes, 12 de junio de 2017

Recital das Letras Galegas

O pasado 26 de maio púxose en escea o “Recital das Letras Galegas” preparado nas clases de Música e Galego. Fixemos un sentido recital homeaxe a Carlos Casares e máis á nosa lingua no que participou directamente todo o alumnado de Música do instituto, alumnos doutros cursos e varios profesores. 
 Aproveitamos a ocasión para facer entrega dos premios dos tres concursos organizados pola biblioteca ao longo do curso: “Agora caio”, “E ti, que fas cos libros?” e “2º Concurso de Fotografía Matemática”. Ademáis, entregamos as libretas envíadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares como agasallo a todos os participantes nos concursos da biblioteca. O acto foi un  éxito tanto de público como de participación. Ollade algunhas das imaxes deste emotivo acto.