Como vedes, as fotos son preciosas e responden ás seguintes pistas:
1.- “A lectura perxudica seriamente a ignorancia”
2.- “No silencio as palabras
semellan unha folla
esmagada”
Yago Rodríguez Yáñez (poeta e exprofesor do IES “Gregorio Fernández”)
3.- “Daquela fitaría
calado
os outos cumes,
para escoitar
sen cativerio
a soidade
do vento”
Yago Rodríguez Yáñez (poeta e exprofesor do IES “Gregorio Fernández”)
4.- “Se non estiveses no mar,
Buscaríate nas sombras.
De non atoparte na vida,
Percorrería a memoria….”
Yago Rodríguez Yáñez (poeta e exprofesor do IES “Gregorio Fernández”)
5.- “Achégate tal como es, ¡libre,
libre,
libremente!,
e súrcame de ronseiras e espranzas
como sulca a fariña o meu corpo de poeta muiñeiro”
Fiz Vergara Vilariño
6.- “Voltan as chuvias monótonas de invernía,
a me facer compaña xunto ó vello muíño,
pero de ti, rapaza lizgaira, corazón de cerva
e gueivota, non me traen noticia ningunha”.
Fiz Vergara Vilariño
7.- “Todos queren a paz, e para asegurala, fabrican máis armas que nunca”
Antonio Mingote (debuxante e humorista español)
1 comentario:
Noraboa, rapazas :D
Publicar un comentario