Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 19 de abril de 2018

"Cita a cegas cun libro"



Como ben sabedes, o 23 de abril celébrase o Día do Libro, así que este ano decidimos sorprendervos coa actividade "Cita a cegas cun libro" que faremos no recreo do luns 23 de abril.
Olla como deixamos a entrada do noso instituto, chea de globos e de libros agochados neses paquetiños cos que podes ter unha excitante cita a cegas. Atréveste?




Como ter unha cita a cegas cun libro o 23 de abril:
1)            Le as pistas
2)            Escolle un libro
3)           Acude á biblioteca e pídelle á profesora correspondente que cho anote
4)           Lévao para casa
5)           Fai unha reseña sobre a túa experiencia con ese libro antes do 4 de maio e envíaa ao correo da biblioteca: fizvergara@gmail.com
6)           Levarás un premio sorpresa pola túa participación


miércoles, 18 de abril de 2018

O club de lectura falou das "Penúltimas tendencias" de Carlos Negro


 O club de lectura xuvenil ven de reunirse para falar da súa última lectura que a todos entusiasmou. Trátase do libro de poesía "Penúltimas tendencias" de Carlos Negro, quen a próxima semana estará entre nós para achegarnos á súa poesía, así que xa estamos desexando este encontro.
Dende a biblioteca, recomendamos especialmente aos mais novos este libro e mais "Makinaria", que tamén está a ser unha agradable sorpresa para os que se achegan a esta poesía directa, cercana e non convencional.


martes, 17 de abril de 2018

Mostra: "Á violencia de xénero dille non"








Nos corredores do edificio principal están expostos os carteis que forman parte de mostra: "Á violencia de xénero dille non" que foi cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia grazas ao Plan Proxecta no que participa o noso instituto.
Aproveitade para botarlle unha ollada, reflexionar e rebelarvos ante os nocivos estereotipos que temos na nosa sociedade.
O corredor onde mais carteis hai conduce á biblioteca, así que deixádevos levar e entrade: hai moitas novidades que vos van sorprender.

martes, 10 de abril de 2018

Abril, mes do libro

Así luce o expositor de entrada á nosa biblioteca....

viernes, 6 de abril de 2018

AGORA CAIO- CATEGORÍA B (3º E 4º ESO)





PISTA Nº 3





AGORA CAIO - CATEGORÍA A (1º E 2º ESO)







3º Concurso fotografía matemática





concurso de fotografía matemática

Ata 13 de abril

Categorías:       
                                                                          
-         1º e 2º de ESO / 1º F.P Básica /ESA Módulo II

-         3º e 4º de ESO e bacharelato / 2º F.P Básica / ESA Módulo IV

            Participarase de xeito individual
           
Cada participante poderá entregar ata un máximo de 10 fotos que enviará por correo electrónico a fizvergara@gmail.com  no que figure o  nome e curso, adxuntando as fotos.
           
Cada foto deberá levar un título relacionado co tema da foto e terase en conta a relación entre a fotografía e o título para asignar os premios
           
Os traballos enviaranse por correo electrónico ata o venres,  13 de abril ás 22:00h.

                        Premios en cada categoría:   (Haberá un agasallo para todos os participantes)
                                    1º Premio á mellor foto (regalo matemático por valor de 30€)
                                    2º Premio   (regalo matemático por valor de 20€)
                                    3º Premio   (regalo matemático por valor de 10€)

Haberá os accésit que o xurado considere oportuno conceder segundo a calidade dos traballos presentados.  Os primeiros premios poden quedar desertos.


            As fotos deben ser orixinais, en caso contrario os participantes serán refusados do concurso.

Roteiro pola mostra "Esquecidas"







O 5 de abril o alumnado de 1º de Bacharelato, 3º de PEMAR e 1º dos Ciclos de Administración do IES "Gregorio Fernández" tiveron a ocasión de facer o roteiro da mostra "Esquecidas" que se pode visitar ata o 15 de abril no Malecón de Sarria.
O roteiro enmárcase dentro do programa "Vivas e Visibles" da concellería de Igualdade do Concello de Sarria e estivo dirixido pola profesora María Xesús López Escudeiro, quen durante moitos anos foi profesora en Sarria e deixou unha fonda impronta en moitos dos que a coñecemos.
A biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"  acolleu esta invitación que nos fixo o concello, o cal queremos agradecer desde aquí. A actividade suscitou gran interese nos asistentes, que descubrimos non só a moitas mulleres da comarca de Sarria, senón moitas historias que non deberían ser silenciadas nen esquecidas. Aprendamos do pasado e non repitamos os mesmos erros. Graciñas a todos!

jueves, 22 de marzo de 2018

8M: Visibilizando as desigualdades

Co gallo do 8 de marzo, Día da Muller,  este ano quixemos facer algo que visibilizase as desigualdades e as convertise en igualdades. Para iso, argallamos este vídeo no que tentamos implicar a toda a comunidade educativa do IES "Gregorio Fernández" de Sarria.
A iniciativa foi liderada polas profesoras Raquel Arias, coordinadora da biblioteca, e Mar Peña Crecente, membro do equipo de biblioteca, pero contou cun montón de colaboradores aos que lles queremos agradecer a súa colaboración non só por posar para as fotos, senón por axudar a que todo isto fose posible.
Por iso, grazas á alumna Tatiana Vanessa Mazo Vélez de 1º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa quen fixo o debuxo que vedes no fondo do photocall, ao profesor José Antonio Ferreiro, quen cos seus alumnos de 2º de Fabricación Mecánica arranxou e pintou un maniquí que estaba case para o lixo, á profesora Ana Isabel López Valín, quen aportou moitas ideas en forma de mensaxe, e a Raquel Leiro Castro e Isabel Sánchez Corral, que puxéronse mans á obra de xeito literal.
Graciñas e por 365 días de respeto e igualdade en tódolos ámbitos!!!!